Análisis de los resultados electorales en Galicia / Alberto Ramos

Posted on 2012/10/22

0


ANOVA


Hai quen achaca á fragmentación do voto nacionalista o retroceso da esquerda galega

¡QUE MIREN CARA O PSOE! As cifras cantan: O PP  perde más de cen mil votos pasando de 789.000  a máis de 653.000, AGE ten 220.000 votos e o BNG 145.000. O PSOE pasa de 524.000 votos no 2009 a uns 290.000 ¿Onde se perderon os votos? Pero se o BNG nas anteriores  sumaba 270.000 e agora AGE mais BNG suman 345.000, pero é que ademais  resulta que o BNG sacou no 2009  12 escanos por DEZASEIS  da suma de AGE mais o BNG nas eleccións de onte. O problema, estimados analistas, é o PSOE, as políticas de ZP neoliberais e ultracapitalistas de Rajoy, que antepoñen os mercados, a Troika e os bancos corruptos como Bankia ás persoas e os dramas das persoas e familias que custan depresións e suicidios, a partidocracia do PPSOE e o NEPOTISMO galego do PP, e así lles seguirá indo aos do PSOE.  Tamén  hai que respectar que miles de galegos votaron libremente ao PP porque se senten identificados cas súas políticas -faltaría menos- pero seguro que as medidas  de Rajoy  do PP Madrid e Feijóo na Galiza lles afectan menos cas  que sofren os parados, dependentes, pacientes con nutrición enteral que terán que pagar, ¡Enfermos crónicos xubilados con pensións mínimas que non da COMIDO!, familias que  non chegan a fin de mes por non poder facer fronte aos gastos correntes, nin aos da xustiza pola subida de taxas, a xustiza, un dereito fundamental que converteron á medida dos ricos, etc… .

A militancia é fundamental se queres que as cúpulas dos partidos aos que votache muden, porque militar e ser máis partícipe da vida política por catro cadelas ao mes e facer valer a túa voz nos Congresos do partido e reunións dos Comités a nivel provincial no canto de arranxar o país dende o bar. Mirade ao PP (máis de cen mil militantes na Galiza, ASÍ E COMO SE GAÑANA AS ELECCIóNS).  Así que milita, e  senón ¡Non te queixes! Porque militar e reforzar ao partido e á democracia representativa co partido co que sempre te identificaches, ben sexa progresista, eurocomunista ou nacionalista, darlle forza ao partido e sentirte partícipe do cambio que se produce no mesmo.

Escoitaba na radio hoxe á mañá a un cidadán  queixarse de que somos un país de camareiros e obreiros e ¿Cómo imos levantar cabeza? –dicía- Pois que lle dean as grazas ao PPSOE e ás súas políticas sistémicas destes 30 anos que esnaquizaron  un modelo económico produtivo e de futuro, burocratizando aos dous grandes partidos que se converteron nun niño de corrupción. En efecto, vivimos nunha baby-democracia de quen vota na Galiza pensando en obter algún tipo de favor dos que gañen ou agradecemento do filla ou fillo que lle enchufaron, ou na publicidade para os medios de comunicación nos que traballan. Pero unha verdadeira democracia é aquela na que se vota sen esperar contra-prestacións individuais. Esta democracia representativa e esa rexeneración que tanto reclaman e que AGE reivindica pasa porque, o que vota, pense nun grupo de persoas capacitadas e nobres, en formacións políticas que  van a cambiar para ben a sociedade na que vives e convertela nunha sociedade de progreso e PARA TODOS,  en  preservar e mellorar os dereitos sociais e os servizos públicos que temos, polo tanto, reafírmome en que un sistema político SOCIALISTA do Século XXI baseado na democracia PARTICIPATIVA E Real que se pode ir acadando ca rexeneración da que falo dende a vía representativa, cos seus defectos e as súas virtudes,  mellora, con moito, á actual democracia que temos.

En definitiva:  que non busquen escusas no fragmentación do voto nacionalista, os nove deputados de AGE e a persoa de Beiras e Iolanda  Díaz son a verdadeira alternativa porque espertou a conciencia de mozos e mozas e porque Beiras e Ioli son MOI LEGAIS, como tamén os miles de simpatizantes, militantes e votantes que souberon interpretar a grave situación pola que estamos a pasar, e saben que hai que frear a destrución do estado social pero con programas e políticas PÚBLICAS coherentes como as que figuran nas súas bases programáticas: é a vía máis coherente nestes intres dende a esquerda, e así o reflectiron as furnas: de CERO a NOVE Deputados contra tódalas enquisas. Falo de  Beiras pola súa traxectoria vital, unha persoa legal, íntegra e republicana, e  Iolanda, filla dunha familia de represaliados, afouta, e  polo seu historial de compromiso dende moi nova pola loita dos dereitos sociais sendo  un exemplo de militancia.

Para rematar, viña escoitando Onda Cero no coche de retorno á nosa cidade na programación  de ámbito nacional  haberá  un par de horas e  un impresentábel e ignorante no programa de  Carlos Herrera arremetía contra AGE dicindo que choraba ao escoitar a Beiras falar en galego hai anos  porque non entendía nada do que dicía, este individuo gabado polo do “purito” que tamén falou de xeito despectivo da nosa lingua nai de xeito lamentábel é un exemplo do que representan os medios a nivel nacional na Galiza e no estado español onde apenas queda periodismo de calidade porque os medios responden a intereses económicos de empresas, no canto de centrar a súa actividade en informar aos cidadáns sen “tinta branca”,  exceptuando algúns programas como o de Radio Voz Local ou a programación Local de Onda Cero Ourense e mesmo a Cadena SER na programación local de Ourense, que sabemos que pertencen ao sistema pero polo menos esfórzanse en ofrecer algo menos de des-información. Bueno, isto é o que coido que hai se debería cambiar pouco a pouco. Dei datos e craves, pero coma todo ser humano tan só é unha opinión, a miña, que poder estar errada. O dito,  dito queda e, sobre elo, se pode construír e criticar fomentando o espírito crítico da cidadanía para que ¡ESPERTE! ante o que se nos ven enriba.